Vimianzo, o concello dos vimbios?

Un dos vexetais máis empregados na cultura tradicional foi e é o vimbieiro ou vimieiro, co que, durante séculos, elaboramos todo tipo de recipientes que se empregaban para os labores cotiáns e hoxe é codiciado tamén para a decoración e o fogar. A orixe do seu nome está na palabra latina (SALEM) VIMINALEM, un étimo co que a tradición ligou o topónimo de Vimianzo. Mais… é así?

Neste capítulo de Detrás do nome poderás descubrir cales son as hipóteses da orixe do topónimo Vimianzo.

Tamén che pode interesar...