Sabías que a ría do Burgo, na Coruña, era afamada polas súas ostras? Pérez Ballesteros (1886) recolleu no seu cancioneiro unha cantiga que así o reflectía: Adiós as ostras d'o Burgo / e as ostras d'o Pasaxe. / A Virxe de Pastoriza / nos dé á todos bo viaxe.