Sabías que unha lenda popular di que en Nigrán houbo unhas colleitas tan ruíns que non quedou "Ni gran"?
Sabías que no concello do Corgo hai unha Segovia, pero sen acueduto?
Sabías que hai unha Valencia do Sil en Vilamartín de Valdeorras?
Sabías que en Muros e en Carballedo podes ir a Portugalete sen entrares en Euskadi?
Sabías que a capital catalá, Barcelona, “está” no Valadouro?
Sabías que Triana é o nome dun populoso barrio de Sevilla e dun lugar dos concellos de Barreiros, Cambados,…
Sabías que o topónimo máis frecuente en Galicia como nome de entidade de poboación é A Igrexa ou algunha das súas variantes A Eirexe, A Eirexa,…
Sabías que somos a rexión de Europa, se non do mundo, con maior densidade de topónimos por quilómetro cadrado?
Sabías que o 42,8% das unidades poblacionais de toda España está en Galicia?
Sabías que para estares en Zaragoza abonda con pasar por Santa Cruz do Valadouro?