Sabías que unha lenda recollida por Jesús Fernández atribúe a orixe do topónimo Chantada a unha vez que o diaño, canso de cargar ao lombo súa nai no medio dunha tormenta, dixo "Síntoo moito, miña nai, pero aí quedas chantada"?
Sabías que segundo a lenda popular, o Santuario de Chamorro debe o seu nome a que unha vez a virxe foi no auxilio dun mariñeiro que, estando en perigo no mar, berrou "Xa morro!"?